
Vive fútbol, vive Verín CF!
VERÍNCF

--------------------------------------------- De diferentes xeitos, o teu establecemento pode colaborar co Verín CF. Pero non se trata só de apoiar o deporte de Verín, senón de obter, a través do Verín CF, unha excelente plataforma para ofrecer os teus productos e servicios. En concreto, se a túa empresa se adhire ó OferClubVerín, ofrecendo descontos e promocións especiais ós titulares dos carnés de socio, acada unha clientela potencial directa de máis de 500 persoas...

O novo Verín CF retorna á Preferente co obxectivo de volver ser un dos referentes do fútbol provincial. Os xogadores do plantel 2014/15, ás ordes de Iván González, son Vicente, Miguel Rivera, Pablo Roca, Fran Martínez, Quini Cotarelo, Padín, David Rodríguez, Tazos, Viti, Luis Vilachá, Jorge, Iago Garrido, Piollo, David Soares, Iago Fernández, Pablo García, Hugo, Édgar, Luisito, Mario, David Ginzo, Unai e Saúl.

----------------------------------------------- Verín é coñecido especialmente polo seu Entroido, unha festa popular de moita raigame e que se remonta a moitos centos de anos atrás. Pero Verín e a súa comarca son tamén terra de viño, cos seus excelentes caldos D.O. Monterrei, e terra de auga, con balnearios e plantas de embotellamento coma a de Cabreiroá, Sousas, Fontenova... O castelo medievo-renacentista de Monterrei preside o val do Támega, o río que rega estas terras.

--------------------------------------------- De diferentes xeitos, o teu establecemento pode colaborar co Verín CF. Pero non se trata só de apoiar o deporte de Verín, senón de obter, a través do Verín CF, unha excelente plataforma para ofrecer os teus productos e servicios. En concreto, se a túa empresa se adhire ó OferClubVerín, ofrecendo descontos e promocións especiais ós titulares dos carnés de socio, acada unha clientela potencial directa de máis de 500 persoas...
Séguenos en Facebook

