top of page

EMPRESAS

Tódalas empresas colaboradoras do Verín CF, nas

  Páxinas Vermellas 2014/15!

        Descárgas premendo na imaxe!

OferClubVerín
Que é o OferClubVerín?

 

É unha forma de pór en contacto a empresas e ós socios do Verín CF de xeito que todos se beneficien.

 

Por que me compensa adherirme ó OferClubVerín?
 

Porque é unha publicidade directa para os socios do Verín CF e porque podes gañar máis de 500 clientes directos para o teu establecemento.

 

 

Que clase de descontos ou promocións teño que facer?

 

Os que ti queiras. Podes facer un desconto anual determinado, ou algún tipo de promoción (2x1, desconto na compra de segundas unidades, etc.). Os descontos e promocións podes ofrecelos durante unha temporada enteira ou durante un periodo concreto de tempo.

 

 

Canto me custa adherirme ó OferClubVerín?
 

Dende só 20 euros xa podes aherirte ó VerínClub.

Empresario e autónomo: invitámoste a coñecer as posibilidades que ten o teu establecemento de utilizar o Verín CF coma plataforma comercial para os seus productos e servicios. As posibilidades son moi variadas, cunhas tarifas que van dende os 20 euros; a túa empresa so ten que escoller a posibilidade de colaboración/patrocinio que máis lle convén, tendo en conta que, a maior aportación, maior presenza nos medios, físicos e dixitais, do Verín CF, e polo tanto maior repercusión. Animámoste a confiar no Verín CF, non só como xeito de apoiar ó clube de fútbol da vila, senón de utilizalo para facer máis grande e forte a túa empresa.

 

 

Le o dossier especial para patrocinadores premendo no imaxe de abaixo.

 

Se tes algunha cuestión ou desexas algunha aclaración, non dubides porte en contacto.

 

bottom of page