
Vive fútbol, vive Verín CF!
VERÍNCF
Que é o OferClubVerín?
É unha forma de pór en contacto a empresas e ós socios do Verín CF de xeito que todos se beneficien, uns gañando clientes, outros disfrutando de descontos e promocións.
Por que me compensa adherirme ó OferClubVerín?
Porque é unha publicidade directa da túa empresa para os socios do Verín CF e porque podes gañar máis de 500 clientes directos para o teu establecemento.
Que clase de descontos ou promocións teño que facer?
Os que ti queiras. A túa empresa pode facer un desconto determinado, ou algún tipo de promoción (2x1, desconto na compra de segundas unidades, etc.). Os descontos e promocións podes ofrecelos durante unha temporada enteira ou durante un periodo concreto de tempo.
Canto me custa adherirme ó OferClubVerín?
Dende só 20 euros xa podes adherirte ó OferClubVerín e disfrutar das ventaxas que supón. Para as empresas patrocinadoras e colaboradoras do Verín CF, o OFERCLUBVERÍN é completamente GRATIS.
Eu son socio: teño que adherirme ó OferClubVerín ou facer algunha cousa concreta?
Non. Polo feito de ser socio do Verín CF e ter o teu carné da temporada 2013/14, xa podes disfrutar automáticamente das vantaxes que ofrecen os establecementos adheridos ó OferClubVerín. Só basta amosar o teu carné de socio e o teu DNI para obter importantes descontos e fantásticas promocións.

OferClubVerín


Empresas
que xa forman parte do OferClubVerín
PAZO DO CARREGAL:
10% de desconto en restaurante e en comida para levar.

