
Vive fútbol, vive Verín CF!
VERÍNCF
O fútbol en Verin ten unha historia centenaria, se ben o primeiro clube como tal da vila foi o RACING CLUB VERÍN.
Trala Guerra Civil, Juan Reigada fundou o CLUB DEPORTIVO VERÍN, que xogaba no antigo campo do Toral. Dalí trasladouse a actividade futbolística ás instalacións da Granxa.
Finalmente, en 1971 botou a andar o actual VERÍN CLUB DE FÚTBOL, que a partir de 1976 xogaría no novo estadio José Arjiz. Nos anos 80 comezaría o clube a colleitar importantes éxitos, mesmo a súa primeira participación en 3ª División (dez participacións suma o clube nesta categoría).


HISTORIA
Tras unha involución a principios dos 90 que sumerxiu ó equipo na Segunda Rexional, dende 1997 a 2007 o Berín CF disfrutou dos seus mellores anos: na temporada 2003/04 o clube chegou a disputar unha eliminatoria de ascenso a Segunda División B. Nos anos seguintes o Verín CF cabalgou entre Terceira e Preferente Autonómica, a excepción do "ano no inferno" da temporada 2013/14.
No que a participacións copeiras se refire, o Verín CF gañou en seis ocasións o trofeo: tres Copas Orense, e tres Copas Deputación (1997/98, 2006/07 e 2010/11).
En detalle...
O Verín CF militou...
9 temporadas en Tercera División,
16 temporadas en Preferente Autonómica,
17 temporadas en Primeira Autonómica (inclúe as 7 temporadas en Primeira División do Campeonato Comarcal) e
1 temporada en Segunda Autonómica.
Máis en detalle aínda...
Temporada 1971/72: PrimeIra División do Campionato Comarcal de Ourense (4º clasificado). Campión Copa Orense.
Temporada 1972/73: PrimeIra División do Campionato Comarcal de Ourense (Campión de Liga). Eliminado na fase final. Xoga promoción de ascenso a serie A Rexional por renuncia, e queda eliminado en segunda eliminatoria.
Temporada 1973/74 :Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense (2º clasificado).
Temporada 1974/75: Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense (Campión de Liga). Eliminado en primeira eliminatoria na fase de ascenso á Serie A Rexional.
Temporada 1975/76: Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense (3º clasificado). No Campionato Galego de Afecionados, eliminado en semifinais.
Temporada 1976/77: Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense (2º clasificado). No Campionato Galego de Afecionados, eliminado en semifinais.
Temporada 1977/78: Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense (?). No Campionato Galego de Afecionados, eliminado en semifinais. Campión da Copa Ourense.
Temporada 1978/79: Primeira Autonómica (3º clasificado). Campión da Copa Ourense.
Temporada 1979-80: Primeira Autonómica (6º clasificado). Ascenso por remodelación de divisións superiores.
Temporada 1980/81: Preferente Autonómica Sur (3º clasificado). Ascenso por remodelación de divisións superiores.
Temporada 1981/82: Terceira División (20º clasificado, descenso).
Temporada 1982/83: Preferente Autonómica Sur (3º clasificado).
Temporada 1983/84: Preferente Autonómica Sur (3º clasificado).
Temporada 1984/85: Preferente Autonómica Sur (9º clasificado).
Temporada 1985/86: Preferente Autonómica Sur (5º clasificado).
Temporada 1986/87: Preferente Autonómica Sur (13º clasificado).
Temporada 1987/88: Preferente Autonómica Sur (12º clasificado).
Temporada 1988/89: Preferente Autonómica Sur (17º clasificado).
Temporada 1989/90: Preferente Autonómica Sur (22º clasificado, descenso).
Temporada 1990/91: Primeira Autonómica (13º clasificado).
Temporada 1991/92: Primeira Autonómica (20º clasificado, descenso).
Temporada 1992/93: Segunda Autonómica (Campión de Liga, ascenso).
Temporada 1993/94: Primeira Autonómica (6º clasificado).
Temporada 1994/95: Primeira Autonómica (3º clasificado).
Temporada 1995/96: Primeira Autonómica (5º clasificado).
Temporada 1996/97: Primeira Autonómica (5º clasificado).
Temporada 1997/98: Primeira Autonómica (2º clasificado, ascenso). Campión da Copa Deputación.
Temporada 1998/99: Preferente Autonómica Sur (10º clasificado).
Temporada 1999-2000: Preferente Autonómica Sur (2º Clasificado). Na Promoción de Ascenso a Terceira División, eliminación. Ascenso a Terceira División ó quedar praza libre.
Temporada 2000/01: Terceira División (9º clasificado).
Temporada 2001/02: Terceira División (8º clasificado).
Temporada 2002/03: Terceira División (10º clasificado).
Temporada 2003/04: Terceira División (4º clasificado). Na Fase de Ascenso a Segunda División B, eliminación en primeira rolda.
Temporada 2004/05: Terceira División (20º clasificado, descenso).
Temporada 2005/06: Preferente Autonómica Sur (11º clasificado). Finalista da Copa Deputación.
Temporada 2006/07: Preferente Autonómica Sur (2º clasificado). Na Fase de Promoción de Ascenso a Tercera División, eliminación. Ascenso ó quedar praza libre. Campión da Copa Deputación.
Temporada 2007/08: Terceira División (12º clasificado).
Temporada 2008/09: Terceira División (14º clasificado).
Temporada 2009/10: Terceira División (19º clasificado, descenso).
Temporada 2010/11: Preferente Autonómica Sur (4º clasificado). No play-off de ascenso a Terceira, eliminación. Campión da Copa Deputación.
Temporada 2011/12: Preferente Autonómica Sur (12º clasificado).
Temporada 2012/13: Preferente Autonómica Sur (18º clasificado, descenso). Na Copa Deputación, eliminado en semifinais.
Temporada 2013/14: Primeira Autonómica (2º clasificado, ascenso). Subcampión da Copa Deputación.
Temporada 2014/15.

